150 bailaríns participan no Festival da Escola de Danza da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseProvincias
A-
A+

O vindeiro venres, 14 de Decembro, ás 20.30 horas, no Teatro Principal de Ourense, a Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense celebra o tradicional Festival de Nadal. Na función participarán os diferentes grupos da escola, cunha representación de máis de 150 alumnos, de idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos. O repertorio desta actuación, ademais de distintos bailes tradicionais como jotas, muiñeiras ou pandeiradas, inclúe unha serie de panxoliñas e cantos de Nadal cos que se conmemoran estas festas.

Máis información: Escola de Danza da Deputación de Ourense. Tel: 988249493 – web: www.ccpxaquinlorenzo.es

17 de decembro de 2012 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.