Inicio dos traballos na contorna do templo de Veracruz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

Visita á obra

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inicia hoxe as obras de urbanización da contornea do templo da Veracruz, no Carballiño. A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, asinou hoxe o acta de reformulo para a execución deste proxecto. Neste acto tamén estiveron presentes o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes; e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez.

O alcalde carballiñés destacou a xornada deste martes como “histórica en canto estamos vendo como se inicia un proxecto ansiado por todos os carballiñeses”. Ao mesmo tempo agradeceu á Xunta de Galicia a especial atención que sempre tivo con este proxecto que, agora, xa é unha realidade.

Hai que recordar que no mes de setembro Xunta e Concello do Carballiño asinaban un acordo para a finalización destas actuacións. Neste acordo aténdese a case todas as novas solicitudes do Concello, acordadas coa Igrexa como condición para pór os terreos a disposición.

O investimento total destas obras, que se atopan ao 30% da súa execución, ascende a 1,2 millóns de euros, dos que 775.000 xa se executaron. Cabe citar que para este ano 2012 achegáronse máis de 433.000 euros.

Os traballos proxectados afectarán a un área de máis de 8.000 m2, consistindo na pavimentación e implantación dos servizos urbanísticos de abastecemento e saneamento, enerxía eléctrica, alumado público e telefonía.

No convenio asinado en setembro incluíronse as propostas de colectivos veciñais, do Concello ou a Igrexa como a conservación integral da zona axardinada existente ao sur do templo ou do trazado actual do muro que delimita os xardíns pola rúa dos Canteiros.

18 de decembro de 2012 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.