Inaugurada a mostra de artesanía Dragon Market

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMos
A-
A+

Visita ao Dragon Market

Estará aberta ó publico ata o domingo ás 20.30 horas no Pazo de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, inauguraron esta tarde no Pazo de Mos a primeira edición do Dragon Market, un evento de exposición e venta de productos de artesanía.

Dragon Market é unha iniciativa emprendida por un grupo de artesáns e artistas mosenses que organizan esta mostra por primeira vez coa pretensión de que se convirta nunha plataforma para creativos independientes.

A exposición estará aberta ó público os días 14, 15 e 16 de decembro no Pazo de Mos. Hoxe e mañán o horario de apertura será de 17.00 horas a 22.00 horas, mentres que o domingo, día 16 de decembro, a mostra abrirá as súas portas todo o día, dende as 10.00 horas da mañá ata as 20.30 horas da tarde.

O colectivo artístico organizador deste evento, o Proxecto Dragonfly, conta nesta iniciativa coa colaboración da Fundación Pazo de Mos e do Concello de Mos. Segundo declarou a edil Sara Cebreiro, “co apoio municipal a esta mostra pretendem

os fomentar a promoción da artesanía local e incentivar a venta de producto artístico autóctono durante esta campaña de Nadal na que se adquiren agasallos para familiares e amigos”.

Durante os tres días de exposición, a mostra conta, en horario de 19.30 horas a 21.30 horas, co acompañamento musical do dúo ‘Two in the mirror’.

Ademais dos artesáns, expoñen tamén estes días a súa obra no Pazo de Mos o pintor Suso Valiente, o escultor en pedra Raimundo Martínez, o escultor en madeira Alberto Romer e varios fotógrafos alumnos de Tony Vaca. Entre os expositores atópase tamén o escultor mosense Marcos Escudero.

17 de decembro de 2012 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.