publicidade hoxe

Imos a Pazolandia!

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Pereiro de Aguiar
A-
A+

Un ano máis, desde o concello do Pereiro de Aguiar organízase a saída a Pazolandia para os cativos do municipio con idades comprendidas entre os seis e os quince anos. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 21 de decembro e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Saírase do pavillón ás 10.30h e regresarase ao mesmo lugar ás 14:30h aproximadamente. Os pais/titores dos menores que asistan á actividade, deberán asinar a autorización que podedes descargar no seguinte enlace ou ben recoller na propia biblioteca, sen a mesma os cativos non poderán participar da saída.

Para máis información podedes pórvos en contacto coa organización no teléfono 988259839 ou ben a través do e-mail cultura@concellopereiro.com

18 de decembro de 2012 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.