publicidade hoxe

II Torneo Escolar Nadal 2012 O Pereiro de Aguiar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Pereiro de Aguiar
A-
A+

O sábado 15 de decembro, a partir das 16:00 horas, disputarase nas instalacións do CEIP Ben-Cho-Shey o “II Torneo Escolar Nadal 2012 O Pereiro”.

O prazo de inscrición para participar está aberto ata o xoves día 13 ás 20:00 horas. As categorías que xogarán son sub-8, sub-10 e sub-12. Xogaranse seis rondas polo sistema suízo de 15 minutos finish por xogador.

Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría, ademais da campiona feminina. Haberá trofeos conmemorativos para todos xogadores que participen.
As inscricións pódense facer a través do e-mail: benchoshey@hotmail.com, indicando o nome completo e a data de nacemento

Para máis información podedes visitar o blog do club: http://xadrezbenchoshey.blogspot.com.es/

18 de decembro de 2012 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.