Finaciamento dos Servizos Sociais Básicos en 2012

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalLocal
A-
A+

A Concellaría de Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, dirixida por dona Balbina Lojo Olveira vén traballando para conseguir sacar adiante unha serie de prestacións moi necesarias e importantes para os veciños usuarios deste departamento e do C.A.D. (Centro Integral de Atención á Discapacidade) na Pobra.

En rolda de prensa celebrada na mañá do 21 de decembro, compareceron o alcalde, don Isaac Maceiras Rivas, e a concelleira de Servizos Sociais, dona Balbina Lojo Olveira, para explicar que o labor do departamento é posible, grazas a que os Servizos Sociais Básicos da Pobra contan cunha máis que relevante participación da Deputación Provincial da Coruña, entidade que para este 2012 fixo unha aportación que facilitou que o funcionamento dalgúns servizos fora posible, principalmente nos programas de Información, Orientación e Asesoramento, Servizo de Axuda no Fogar Básica e o Programa de Educación Familiar. O total desta subvención ascende á cantidade de 97.638,99 €.

Grazas ás aportacións da entidade citada, puidéronse facer melloras nas infraestruturas do C.A.D., e é posible manter vivos servizos cos que xa se contaba en exercicios anteriores no centro, como é o caso de psicoloxía, ou dos obradoiros de cociña, informática e animación; obradoiros que teñen como principal finalidade axudar á inserción laboral das persoas con discapacidade, un colectivo especialmente sensible para poder facer realidade esta posibilidade. A importancia destes obradoiros está sobre todo no traballo de cara a favorecer as relacións entre compañeiros, axudando a aumentar a autoestima, a conduta e a integración social. Recentemente comezaron a traballar no Festival de Reis os rapaces que forman parte do obradoiro de animación, e pronto comezarán novas actividades cos obradoiros de cociña e informática.

21 de decembro de 2012 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.