Festa do Pan 2013: adianto!
O que comezou como un tweet, converteuse nunha doce realidade. Os exitosos e arquifamosos coñecidos deportistas españois, Fernando Alonso e Pau Gasol asistirán á XXII Festa do Pan de Cea, que se celebrará o próximo 7 de xullo na capital municipal.
A fortuna por un lado, o Campionato de Formula Uno encóntrase na súa parada estival e a NBA está nesa época en vacacións estivais e a xenerosidade por outra parte, ambos os dous deportistas despois de terlles ofrecido Pan de Cea interesáronse por este e non puxeron reparo ningún á súa asistencia.
Confírmannos tamén, dende a organización do I Maratón de Fútbol Sete Pan de Cea, que xa está en pleno desenvolvemento a organización da II Edición e que para esta teñen importantes novidades como o aumento dos premios en metálico e a inclusión no primeiro premio dunha semana con gastos pagados en Á Casa do Cruceiro e unha viaxe ao GP de España acompañando a Fernando e aos segundos clasificados na Casa Mañoso e unha viaxe a Los Ángeles para ver en directo os Lakers de Pau no Staples Center, deferencia dos establecementos hoteleiros do noso Concello.
E seguindo con novidades da Festa do Pan 2013, aínda que non confirmado, estanse barallando tres nomes para o pregón, da seguinte terna sairá, seguro, o pregoeiro… o cantante da Panorama (o con pelo), o da Paris de Noia (o da cervexa) ou Jorge Javier (o de Sálvame)
Adxuntamos serie fotográfica cos tweet con Fernando e Pau que confirman a súa presenza na festa do Pan, e que á esquerda podedes complementar coas nosas mensaxes a eles.