Éxito do primeiro concurso amateur de cata en Cambados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosLocal
A-
A+

Instante da cata

A celebración do día do enoturismo desenvolveuse onte en Cambados con numerosos actos relacionados coa promoción e difusión da cultura do viño e do albariño. Foron moitas as adegas e os restaurantes que se sumaron á iniciativa ao formar parte da Ruta do Viño Rías Baixas.

O Concello de Cambados tamén se sumou á celebración e organizou o I Concurso de Cata para afeccionados que se desenvolveu no salón de Peña e que contou con máis de 150 afeccionadas a cultura do viño.

Entre os asistentes atopábase o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil, quen expuxo os seus coñecementos nunha mesa na que tamén estivo o alcalde de Cambados, Luís Aragunde, quen renovou o seu compromiso pola promoción dun sector crave na economía local.

O programa de actividades incluía un concerto benéfico a cargo da cantante letona Vita.

14 de decembro de 2012 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.