Entrega de premios do concurso de pintura e debuxo de Nadal
Na maña de hoxe, día 18, O alcalde de Malpica de Bergantiños, Sr. Eduardo J. Parga Veiga entregaron o seus agasallos ós gañadores do Concurso Escolar de Pintura e Debuxo de Nadal.
O 2º premio que correspondeu a un debuxo de Clara Gacio Español de 3º de primaria do CEIP Xaquín Rodríguez Otero e foi entregado na Biblioteca deste centro, en presencia de tódolos/as alumnos/as do mesmo, ás 12.45 h. Clara foi agasallada cun lote de libros, material didáctico e a publicación na prensa do seu debuxo, como motivo do sáuda de felicitación de nadal do Concello de Malpica .
O 1º premio que correspondeu a un debuxo de Xela Pérez Veres de 6º de primaria do CEIP Milladoiro foi entregado na Biblioteca dese centro, en presencia de tódolos/as alumnos/as do mesmo, ás 11.45 h. Xela foi agasallada cun lote de libros, material didáctico e a publicación do seu debuxo como motivo dos carteis e folletos da programación de nadal que o venres se repartiron nos centros escolares do Concello.











