“El Concierto” será a película de humor para este xoves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaLocal
A-
A+

“EL CONCIERTO” será a película de humor para este xoves.
Lugar: Salón de Actos do Centro Cultural
Fecha: 13 de decembro de 2012
Hora: os xoves ás 20.30h.

Andrei é o barrendeiro do Bolchoi, aínda que tempo atrás foi o mellor director de orquestra da Unión Soviética. Cando se atopa pulindo brillo ó despacho do xefe, atopa un fax do Teatro du Châtelet invitando ó Bolchoi a dar un concerto en París. A Andrei ocórreselle que é o momento de cumprir o seu sono: ¿porqué non reunir ós seus antigos compañeiros músicos, que viven agora de facer traballiños e chapuzas e levalos a París, facéndose pasar pola auténtica Orquestra do Bolchoi?

O cinema de comedia foi elixido para para pechar a programación anual, intentando con ela animar as frías tardes de inverno. As proxeccións se realizan cada dúas semanas, coincidindo os xoves ás 20,30h. Na elección dos filmes buscáronse aquéles que non xurdindo como grandes superproduccións cinematográficas se consolidaron tralo éxito de público e de crítica durante a última década. Sendo este tipo de producións cada vez máis abundante, fíxose unha selección de títulos que representaran diferentes procedencias, inquietudes e temáticas.
A primeira entrega realizada o pasado 29 de novembro contou cunha ampla aceptación do público. Esperamos que esa aceptación se repita esta semana.

18 de decembro de 2012 | 12:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.