publicidade hoxe

Desde Laponia a Vimianzo a través dunha videoconferencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVimianzo
A-
A+
Instante da conexión

Instante da conexión

Arredor de setenta nenos e nenas de educación infantil e primaria do Ceip San Vicenzo achegáronse na mañá de hoxe ao Telecentro para participar nunha videoconferencia con Papá Noel que os atendía desde a súa casa en Laponia onde ultima os agasallos que repartirá por todas as casas do mundo o vindeiro día 24.

Alumnos e alumnas de Educación Infantil que chegaron ansiosos de contarlle a Papá Noel os agasallos que lle piden e, para non esquecer ningún, traían na man a carta que fixeran no colexio. Como Papá Noel non podía recoller as cartas encargoulle ao alcalde, que tamén quixo estar presente, que lle fixese chegar as cartas de todos os nenos e nenas canto antes para ter todos os xoguetes preparados para o día 24.

Pero aqueles nenos e nenas que non puideron achegarse ao telecentro poderán entregarlle a carta a Papá Noel o vinderio sábado na festa “Animaduendecantacontos de Nadal” na Casa da Cultura a partir das 17 horas.

21 de decembro de 2012 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.