Convocatoria pública de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas
O día 12 de decembro publicouse no BOP de Pontevedra a convocatoria pública de axudas á
rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación Integral (ARI) da Vila de Marín.
Con isto ábrese o prazo para a presentación das solicitudes das axudas, o cal finaliza o vindeiro
11 de xaneiro do 2013.
A tramitación das axudas conleva solicitar tamén a licenza municipal para as obras solicitadas.
Xunto coa solicitude deberá adxuntarse a fotocopia do DNI, volante de empadronamento,
documentación acreditativa dos ingresos da unidade familiar, os certificados correspondentes
de non ter débedas de carácter tributario coas administracións públicas e tamén un orzamento
aproximado para poder calcular tanto as tasas de licenza como a contía da subvención a
percibir en cada caso.
Unha vez rematado o prazo, os criterios e prioridades de valoración que se terán en conta para
a selección son:
1º. Circunstancias sociais e económicas dos beneficiarios e nivel de ocupación do edificio.
2º. Interese arquitectónico do edificio conforme á súa protección ou catalogación.
3º. Estado de conservación da edificación.
4º. Antecedentes administrativos, en especial naqueles supostos en que exista requerimento
por parte do Servizo de Urbanismo para a execución das obras.
5º. Antigüidade da solicitude.











