Cine de Nadal na Casa da Cultura de Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFeneLocal
A-
A+

A Concellería de Cultura programa un ciclo de cine e unha sesión de biodanza para nenos e nenas.

La Navidad mágica de Mickey”, “Cars 2”, “Campanilla y el tesoro perdido”, “Pérez, el ratoncito de tus sueños”, “Bolt” e “Toy Story 3” son as películas que se proxectarán este Nadal na Casa da Cultura de Fene. O ciclo, que se desenvolverá no salón de actos da Casa da Cultura (Avda. de Conces, 20-22) comezará o mércores 26 de decembro e finalizará o venres 4 de xaneiro. Ademais de cine, a Concellería de Cultura anuncia para o venres 28 de decembro ás 12.30 horas unha sesión de biodanza para nenos e nenas.

Actividade que a idades temperás, baséase no estimulo da expresión creativa natural, favorece a integración psicomotora, potencia a integración individual e a do grupo e promove a concentración.

Detallamos o programa a continuación:

CINE DE NADAL

SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA DE FENE

. Mércores 26 de decembro ás 12.15 hrs – “La Navidad mágica de Mickey”

. Xoves 27 de decembro ás 12.15 hrs – “Cars 2”

. Venres 28 de decembro ás 11.00 hrs – “Campanilla y el tesoro perdido”

. Venres 28 de decembro ás 12.30 hrs – Biodanza para nen@s

. Mércores 2 de xaneiro ás 12,15 hrs – “Pérez, el ratoncito de tus sueños”

. Xoves 3 de xaneiro ás 12,15 hrs – “Bolt”

. Venres 4 de xaneiro ás 12,15 hrs – “Toy Story 3”

19 de decembro de 2012 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.