Carral ultima a 7ª edición do torneo de Reis de fútbol sala
Continuando coa programación deportiva municipal de Nadal, a semana do 7 ao 13 de xaneiro, o Concello de Carral organiza o “VII Torneo de Reis de Fútbol Sala”. Esta competición ten como obxectivo fomentar a práctica deportiva en todos os ámbitos da sociedade. Nel poden inscribirse equipos de todas as idades e sexos.
Está previsto que a fase de liguiña do campionato se desenvolva os días 7, 8, 9, 10 e 11 de xaneiro en horario nocturno (a partir das 20.00 h) no pavillón municipal do Espiño. As semifinais, 3/4 posto e FINAL desenrolaranse o sábado 12 de xaneiro a partir das 17.00 h entre os catro mellores equipos da fase de liguiña. A primeira fase da competición constará dunha liguiña entre os equipos, que estarán divididos en dous grupos, clasificándose os dous primeiros de cada un. Estes disputarán entón as fases de eliminación directa de semifinais, terceiro/cuarto posto e final.
A inscrición é gratuíta, por tratarse a unha actividade de promoción deportiva, e entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados, ao máximo goleador do torneo.
O prazo de inscrición remata o xoves 3 ás 14.30 h., e todos aqueles interesados poderán inscribirse ou solicitar máis información na casa da Cultura do Concello de Carral (tel. 981.672.580 ou correo electrónico deportes@concellocarral.com).











