Campaña do comercio local, calidade en galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Grove
A-
A+

A Concellería de Comercio, dirixida por Marta Domínguez e o Servizo Municipal de Normalización Lingüística, dependente da Concellería de Novas Tecnoloxías, Patrimonio e Documentación, a cargo do concelleiro Alexandre Aguín sacan ás rúas do Grove a campaña de dinamización lingüística “Comercio local, calidade en galego”, unha iniciativa dirixida especificamente ao comercio local da vila para estender o uso do galego neste sector e incentivar os valores positivos que engade o uso da nosa lingua na comunicación comercial, ao tempo que anima a mercar no propio concello nesta época do ano próxima ás festas en que se fan máis agasallos.

A campaña consiste no reparto entre un gran número de comercios locais dun material orixinal cun deseño atractivo que, alén de cumprir co obxectivo de introducir o galego neste ámbito de uso, resultará de utilidade para o traballo das e dos comerciantes nestas datas. Este material consiste nun cartel co lema da campaña, calendarios de peto co mesmo deseño ca o cartel, catro modelos distintos de etiquetas para os agasallos impresas a toda cor con lendas como “parabéns” ou “con todo o meu cariño” e uns globos para repartir entre a clientela máis miúda.

26 de decembro de 2012 | 12:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.