publicidade hoxe

As actividades de Nadal empezan con obradoiros para os nenos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLourenzá
A-
A+

A Concellería de Educación, Cultura e Turismo de Lourenzá abriu onte, venres, o prazo para anotarse nos Obradoiros de Nadal que se van a desenvolver nas próximas vacacións escolares.”Este prazo de inscrición ten como obxectivo repartir por idades aos nenos/as participantes para adaptar as actividades ás diferentes idades que poidan confluír”, explicou a concelleira Lupe Flórez.

As prazas son limitadas e asignaranse en función da orde de anotación. O prazo para apuntarse remata o vindeiro xoves, 20 de decembro. O lugar para informarse ou anotarse é a OMIX (Oficina de Información Xuvenil), que tén a súa sede nas dependencias da Biblioteca Pública Municipal Juana de Ibarbourou, en horario de 17 a 20 horas.

Lupe Flórez comentou que “as actividades pretenden ser o máis variadas posibles e incluirán obradoiros de Nadal (para elaborar obxectos decorativos, postais e outros artículos propios destas datas), de bisutería e complementos (broches, pulseras…), playbacks e coreografías, campionatos de xogos de mesa, futbolín, pin-pon… co obxectivo de que o periodo vacacional dos máis pequenos do concello sexa o máis entretido e lúdico posible”.

A concelleira de Educación e Cultura anunciou que “esta é a primeira das actividades organizadas para este Nadal polo Concello de Lourenzá e a programación total será presentada a comezos da semana entrante, posto que está prácticamente perfilada”.

18 de decembro de 2012 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.