Abono préstamo ICO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFeneLocal
A-
A+

O Concello de Fene acaba de ingresar dúas cotas de case 125 mil euros cada unha correspondentes ao préstamo ICO concertado o ano pasado por importe de case 400 mil euros para abonar o préstamo pedido para cubrir parte das débedas que o goberno anterior deixou sen pagar.

Ao realizarse este abono extraordinario o Concello de Fene terminará de pagar o ano que ven este préstamo en lugar do 2014, contribuíndo a sanear as arcas municipais e aforrando con esta operación máis de 25 mil euros ás devanditas arcas.

Esta operación foi unha das previstas polo goberno municipal actual do Partido Popular neste 2012 para tratar de cancelar canto antes a débeda acumulada nos últimos anos polos sucesivos gobernos nacionalistas e socialistas. En concreto do 2000 ao 2007 o Concello endebedouse en máis de 4 millóns de euros e na lexislatura do 2007-2011 a débeda foi de case un millón de euros aos que debemos sumar o case medio millón que debeu pedir o PP polas facturas deixadas sen pagar polo goberno anterior.

19 de decembro de 2012 | 11:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.