A Xunta de Goberno aprobou obras do Fondo de Compesación Ambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMelide
A-
A+

Tratanse das actuacións medioambientais que se efectuaron nos núcleos rurais e xardíns do concello de Melide cun importe de 41.016,94 €, e por outro lado, a rede de pluviais e reposición de firmes na rúa Bispo Varela Fondevila cun importe de 31.172,88 €.

A limpeza de xardíns e acondicionado das pistas do rural permitiu acadar grandes melloras na seguridade vial grazas a limpeza de cunetas ou canalización de augas pluviais onde foi necesario

A segunda actuación foi realizada co fin de mellorar as redes existentes permitindo separar as augas fecais das pluviais permitindo un mellor tratamento das mesmas na depuración das augas. Foi realizada por unha empresa local e ao igual que outras que se foron realizando ao longo deste ano, permiten unha mellor calidade medioambienta, sendo un compromiso firme do actual equipo de goberno.

28 de decembro de 2012 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.