A Unión Europea apoia o proxecto transfronteirizo de Lalín

O intercambio de experiencias agrarias serán un dos puntos fortes deste protocolo transfronteirizo
O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, anunciou que “a experiencia transfronteiriza que iniciamos ao longo deste ano o Concello de Lalín e a Cámara Municipal de Cabeceiras de Basto ben de ser seleccionado para obter o apoio económico da Unión Europea a través dos fondos FEDER”. O proxecto presentado polo Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galiza-Norte de Portugal en nome dos dous concellos disporá de un orzamento de 13.000 euros que foron aprobados para dinamizar os proxectos de encontro dos dous concellos.
O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, anunciou que “a experiencia transfronteiriza que iniciamos ao longo deste ano o Concello de Lalín e a Cámara Municipal de Cabeceiras de Basto ben de ser seleccionado para obter o apoio económico da Unión Europea a través dos fondos FEDER”. O proxecto presentado polo Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galiza-Norte de Portugal en nome dos dous concellos disporá de un orzamento de 13.000 euros que foron aprobados para dinamizar os proxectos de encontro dos dous concellos.
O proxecto presentado polos concellos de Lalín e Cabeceiras de Basto conseguiu ser un dos dous proxectos españois elexidos entre los 125 aprobados en toda Europa pola Axencia Executiva no ámbito educativo, audiovisual e cultural (EACEA) dentro do Programa “Europa cos cidadáns”, que contribue á promoción da cidadanía europea activa e baixo o área “Cidadáns activos con Europa”. Esta área, donde se inclúe a financiación de encontros de cidadáns de cidades irmanadas, ten o objectivo de reunir a persoas de distintas rexións de Europa para promover a comprensión mutua e un sentimento de pertenencia á UE, e para fortalecer unha identidade europea.
O proxecto presentado e que se pechou nunha reunión “a finais do mes de novembro, contempla ao longo de 2013 diversas accións nos eidos do turismo cultural e natureza, gastronomía e agricultura”, explica o concelleiro.
TURISMO
Unha parte do proxecto contempla “o intercambio e a elaboración de material promocional de ambos concellos. Está prevista a elaboración dun documento conxunto sobre os principais atractivos turísticos de cada município, en portugués e galego a incluir nas páginas de internet do Concello de Lalín e da Cámara de Cabeceiras de Basto. Analizarase tamén a posibilidade de imprimir folletos de promoción turística con información conxunta. Ademais, intercambiarase o material promocional existente para sua difusión nos postos de turismo de cada municipio. Neste eido tamén se promoverá unha acción de formación aos técnicos de turismo de cada Município sobre os principais activos dos municípios xerminados.
Por último, tamén se acordou, ao abeiro dos cursos de portugués que se celebran na UNED, que un profesor de Cabeceiras de Basto poida facer unha sesión centrada na presentación da municipalidade de Cabeceiras de Basto. Pola súa banda, desde Cabeceiras de Basto analizará a posibilidade de emitir aulas de español por videoconferencia.
CULTURA
No eido do turismo cultural, o protocolo agora apoiado pola Unión Europea permitirá que na semana cultural de Cabeceiras de Basto que se realiza en Xuño de 2013 contará con unha presentación e difusión sobre o património histórico de Lalín, a cargo de un especialista en castros. En contrapartida, un representante de Cabeceiras de Basto dará unha conferencia en Lalín sobre os mais importantes activos do património histórico no territorio portugués.
Realizarase tamén un intercambio de artistas de Lalín e de Cabeceiras de Basto no que se poderia tamén incluír unha escultura realizada por artistas lalinenses nun punto da capitalidade de Cabeceiras e a inversa ou intercambiar exposicións. Un intercambio que se poderia tamén traducir no eido da cultura con actuacións de grupos folclóricos de Cabeceiras de Basto nas festas patronais ou na Feira do Cocido e de grupos de Lalín no Festival Internacional de Folclore de Basto que vai a ter lugar en agosto de 2013.
GASTRONOMÍA
No que se refire ao eido da gastronomía, o proxecto contempla accións de promoción da cultura culinaria de ambos concellos. Así, Lalín presentará a Feira do Cocido de Lalín e os seus produtos na localidade lusa, reforzado ca distribución dun folleto explicativo dos principais produtos e ingredentes que se producen en Lalín e a cámara Municipal de Cabeceiras de Basto presentará durante a Feira do Cocido os seus produtos como a Orelheira o Fumeiro, o mel, ou vinho verde. Tamén se estudará a presenza de algunha empresa de Lalín de produtos derivados do porco ou algunha queixería na Festa da Orelheira e do Fumeiro no mes de febreiro de 2013 en Basto.
AGRO
No eido agrario, as iniciativas que se preveen son a presencia de algún técnico de Mouriscade na feira agropecuária Agro-Basto sobre os servizos que se prestan no laboratorio lalinense e tamén a visita dunha expedición de agricultores portugueses a estas instalacións.
A actividade hípica tamén centrará parte dos intercambios con actividades cruzadas entre a Feira do Cabalo e o centro hípico de primeir nível do que dispón o concello portugués.











