A Fábrica acolle a exposición Portarretratos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros acolle na Fábrica a exposición Portarretratos desde hoxe ata o vindeiro 31 de decembro de 2012. Esta exposición parte do proxecto levado a cabo polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello e do Departamento de Lingua e Literatura Galega do IES María Casares.

A exposición consta dunha serie de fotografías de alumnos e alumnas do instituto que portan un antigo marco coa fotografía dun familiar e van contando unha historia, sobre quen era ese membro da familia e un dato da súa vida que queren destacar. Nestas mostras atópase unha rapaza coa foto do seu avó que foi xogador do Real Club Deportivo, outra rapaza conta a historia do seu bisavó represaliado en 1936, outro mozo relata con cariño como a súa nai de nena ía moi contenta á escola de Dorneda, a diferenza dos nenos e nenas de hoxe. En fin, unha chea de historias do noso Concello e dos seus habitantes que se poderá visitar en horario de 08.00 a 20.00 horas na entrada da Fábrica, en Perillo.

21 de decembro de 2012 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.