Tomiño crea un espazo de dialogo para familias con fillos/as de infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+

Reunión con pais e nais

A Escola Municipal de Nais e Pais celebrou esta mañá a súa terceira sesión de traballo coa presentación do obradoiro “Se queres, podes facelo”. Á actividade, impartida pola psicóloga Carmen Lomba, asistiu unha duzia de pais e nais, interesados en “crear un espazo onde tratar as inquedanzas comúns sobre as primeiras etapas da educación”.

A presentación da actividade contou tamén coa presenza do concelleiro de Benestar Social, Jesús Montero Villar, quen expresou a súa satisfacción pola asistencia rexistrada e comentou que a escola municipal, gratuíta, “segue apostando por obradoiros que propicien hábitos saudables e comportamentos axustados, así coma estratexias para axudar ás familias na educación dos fillos e fillas”.

O obradoiro, dirixido a familias con menores en idade infantil, consta de 14 sesións, nas que se tratarán temas relacionados coa educación, coma por exemplo, o proceso e estilos educativos, conduta, vontade, normas, hábitos e responsabilidade; emocións, autoestima, comida, sono, habilidades sociais, celos, pataletas, uso das novas tecnoloxías, etc.

As sesións terán lugar os días 14 e 28 de xaneiro; 11 e 25 de febreiro; 11 e 18 de marzo; 1,15 e 29 de abril; 13 e 27 de maio e 3 e 10 de xuño.

18 de decembro de 2012 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.