publicidade hoxe

A Aula Cemit asesorará aos pequenos empresarios do concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMoaña
A-
A+

A Aula Cemit do Concello de Moaña, sita nas barxas, enriba do Fairies, na rúa Donato Bernardez 3 Ent. X , asesorará aos pequenos empresarios e autónomos do concello e arredores, en todo o referente á xestión administrativa a través de internet, montaxe e compra do equipamento informático que usan as pemes, e como reducir custos fixos usando axeitadamente as tecnoloxías da información.

Para facer uso deste servizo, a aula Cemit de Moaña, dispón dunha boa oferta de horarios nos que atender aos emprendedores, empresarios e autónomos.

Na quenda de Mañá, de 9 a 12 h impártense os cursos, dende as 12 até as 14 h, a aula está dispoñíbel para as funcións de asesoría e información.

Na quenda de Noite, de 20h a 22h seguen os cursos, e de 22h a 22:30h de novo a aula está dispoñíbel.

17 de decembro de 2012 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.