48 persoas participaron nos obradoiros de formación termal
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández e o concelleiro de Facenda, Emprego e Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero, fixeron entrega dos diplomas que lles acreditan aos 48 participantes, ter finalizados os cursos de _Guía turístico Termal_ e de _Coidado e mantemento das zonas termais_ enmarcados no programa municipal _Ourense Inserta:_, programa de formación sociolaboral para facilitar o acceso a un emprego de calidade entre persoas con dificultade de acceso ao mercado laboral. Ambos cursos desenvolveronse durante os meses de novembro e decembro e posuíron un carácter teórico práctico.
36 persoas desempregadas participaron no curso de _Guía Turístico Termal_, cun total de formación de 90 horas no que se pretendía capacitar ao alumnado para informar aos veciños e veciñas de Ourense e turistas na interpretación do patrimonio, os bens de interese cultural e demáis recursos turísticos de xeito atractivo, empregando a interacción cos interlocutores, espertando o seu interese e prestándolles servizos de acompañamento e asistencia, satisfacendo as súas expectativas de información e de desfrute lúdico da cidade.
O programa formativo incluíu módulos sobre turismo termal e enoturismo e complementouse con saídas didácticas ás Burgas, ás termas da Chavasqueira e Outariz e outros lugares de interese turístico de Ourense.
O segundo curso de _Coidado e mantemento de zonas termais_ no que participaron 12 persoas con discapacidade e desempregadas, tiña por obxetivo capacitar aos alumnos e alumnas de cara ao coidado e mantemento das instalacións termais da cidade. Neste caso o programa formativo incluíu módulos sobre prevención de riscos laborais, matemento de zonas axardinadas e limpeza das instalacións termais, ademáis de pautas de actuación á hora de orientar e informar aos usuarios e usuarias das zonas termais da cidade.
Neste curso, o Concello contou coa colaboración de Aspanas Termal SL, para a elaboración das prácticas formativas.











