publicidade hoxe

ADOS chama a doar sangue á cidadanía co gallo da festividade do 25 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado a participación de toda a cidadanía na campaña de doazón de sangue Verán 2020 e, moi especialmente aos grupos A positivo, B positivo e O negativo. ADOS lembra que as datas inmediatamente anteriores e posteriores ás festividades que coinciden coas operacións de tráfico de entrada e saída de vacacións, fan preciso aumentar a participación da cidadanía nas campañas de doazón de sangue.

ADOS lembra que, mensualmente, os nosos hospitais precisan ao redor de 10.000 doazóns de sangue, cifra que non diminúe no verán, pola contra, o período estival ofrece dificultades engadidas ao desenvolvemento das campañas de doazón por parte da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, especialmente pola deslocalización dos doadores e doadoras.

A dirección de ADOS convida aos galegos e galegas a continuar amosando a súa xenerosidade e solidariedade e, aínda que nestes días precísanse aumentar o número de doazóns de todos os grupos sanguíneos, recalca especial mención do Cero negativo.

Doar, moi sinxelo

Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C…). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.

Para máis información, ADOS dispón da páxina web: ados.sergas.gal, ás páxinas de ADOS en redes sociais. e tamén a posibilidade de chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828. ADOS lembra que, aínda que pódese acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.

23 de xullo de 2020 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.