publicidade hoxe

Xunta e Delegación do Goberno avalían os protocolos de actuación da Unidade Militar de Emerxencias nos incendios en Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
O conselleiro de Medio Rural no encontro de traballo

O conselleiro de Medio Rural no encontro de traballo

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse hoxe co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para avaliar os protocolos de actuación en canto á intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME) nos incendios que se rexistran en Galicia.

Así, o encontro de traballo, no que tamén participou o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, tivo como eixo central a coordinación entre as diferentes administracións en relación co reforzo que supón a incorporación de efectivos militares en determinadas situacións, para colaborar en tarefas de extinción co Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios da Xunta.

Nesta xuntanza participaron tamén técnicos da Consellería do Medio Rural e da Delegación do Goberno, así como representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado despregados na nosa comunidade e responsables da propia UME.

18 de setembro de 2019 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.