publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Rural destina 1,4 millóns de euros para subministrar aos colexios froita fresca, castañas e leite no curso 2019-2020

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

Un ano máis, a Consellería do Medio Rural convoca as axudas para subministrar froita fresca, castañas e leite nos centros escolares para o curso 2019-2020. Así o recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, que publica a convocatoria de achegas para a cal hai un orzamento de 1,4 millóns de euros, financiado con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), mentres que o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) é subvencionado coa axuda da consellería.

Esta resolución permite aos centros escolares distribuír entre o seu alumnado de infantil, primaria e secundaria froita fresca, castañas e leite líquido. A distribución de froitas frescas e castañas levarase a cabo durante 10 días lectivos consecutivos, mentres que no caso do leite líquido -e as súas versións sen lactosa- levarase a cabo durante un mínimo de 20 días lectivos consecutivos. Os períodos de repartición autorizados serán de novembro de 2019 a febreiro de 2020 e de marzo a xuño de 2020.

Os centros que queiran participar farano a través dun provedor autorizado. O prazo para que estes provedores o soliciten remata o 20 de setembro e a axuda concédese aos produtos incluídos no Anexo I da resolución que recolle o DOG.

A través desta liña de axudas, a consellería pretende potenciar o consumo destes produtos entre os nenos e a mocidade, creando así hábitos alimenticios saudables de cara ao seu futuro.

3 de xullo de 2019 | 11:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.