publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Miranda viaxa ao Brasil para asinar convenios de colaboración con entidades sociais do país e reforzar os lazos institucionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorPortada dereita
A-
A+

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, emprende hoxe a súa primeira viaxe do ano ao Brasil, onde visitará varias das principais cidades do país e das que contan cunha maior presenza de galegos. O responsable do departamento autonómico empregará parte deste primeiro desprazamento ata o país suramericano para asinar algúns dos convenios de colaboración que mantén desde hai anos con diferentes entidades de carácter social e orixe galega, como a Casa de España do Río do Xaneiro e a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficiente Rosalía de Castro tanto de São Paulo como a de Santos.

A axenda institucional inclúe, así mesmo, reunións con varios representantes do Goberno español nas diferentes cidades que se visitarán para reforzar os lazos e a estreita cooperación que rexe as relacións diplomáticas que mantén de Galicia coa Administración central española no Brasil. Tamén a presentación das diferentes medidas recollidas na Estratexia Retorna 2020 para facilitar o retorno á comunidade autónoma dos galegos residentes no exterior centrará parte dos encontros coa colectividade que levará a cabo Miranda nas diferentes cidades visitadas.

Preto de 50.000 galegos

O Brasil é o segundo país do mundo cunha maior presenza de galegos, con 48.691 residentes, só por detrás da Arxentina, que segue a encabezar a listaxe con máis de 178.000 galegos, segundo os últimos datos oficiais publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE), con data 1 de xaneiro de 2019. Deles 24.638 proceden da provincia de Pontevedra, 10.860 da Coruña, 11.164 de Ourense e 2.029 de Lugo. Do total de galegos residentes no Brasil só o 23,38%, é dicir, 11.386 son nados en Galicia; o resto son descendentes xa nacidos no país de destino.

5 de xuño de 2019 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.