publicidade hoxe

A Xunta considera a formación do persoal dos CIM necesaria para reforzar o tratamento integral das vítimas de violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A subdirectora xeral para o tratamento da Violencia de Xénero, Belén Liste, participou hoxe na clausura do taller Unha década de experiencia tratando vítimas de violencia sexual, a segunda das catro xornadas de formación para o persoal dos Centros de Información á Muller. Dende a Secretaría Xeral da Igualdade elaborouse este ambicioso plan de formación sobre asuntos e temas cos que as/os profesionais tratan todos os días nos Centros de Información á Muller. Nestes centros atendéronse a 15.722 persoas e leváronse a cabo 68.591 consultas no ano pasado.

Esta segunda xornada, na que se inscribiron 125 persoas, falouse e tratouse sobre as vítimas de violencia sexual. Belén Liste quixo destacar que a violencia sexual, os abusos sexuais e o acoso sexual son formas de violencia de xénero, e trasladaba os presentes os datos recollidos no Informe sobre delitos contra a liberdade sexual en España 2017, no que ningunha das provincias galegas está entre as máis afectadas. Outro dato que a subdirectora xeral quixo destacar é que dentro da relación vítima/autor destacan as relacións descoñecidas sobre o resto.

As accións levadas a cabo pola Secretaría Xeral de Igualdade en relación á prevención, sensibilización e información, sobre a violencia sexual e o acoso sexual pasan polas xornadas de prevención e sensibilización ata programas dirixidos a mulleres e menores vítimas da violencia sexual. Nesta liña, Galicia é a primeira comunidade autónoma en levar a cabo unha campaña de prevención e actuación ante o acoso sexual nos lugares de traballo dirixida aos colexios profesionais.

20 de xuño de 2019 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.