publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de ampliación do saneamento e o abastecemento na parroquia de Larín, en Arteixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArteixoLocal Portada
A-
A+

Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de ampliación do saneamento e o abastecemento na parroquia de Larín, en Arteixo, por un investimento de case 156.000 euros.

As actuacións completarán as redes de servizos de abastecemento e saneamento nos lugares de Larín de Arriba, Salto do Carro e Groba de Abaixo, pertencentes á parroquia de Larín.

Executarase unha rede de colectores, diferenciados en catro tramos que recollerán as augas residuais das vivendas situadas nas marxes da estrada provincial DP-0507 e outro grupo pequeno de inmobles, para conducilas á estación depuradora de augas residuais de Groba.

A Xunta, con estas actuacións, dálle resposta ás necesidades en infraestruturas hidráulicas desta parroquia, que está a rexistrar unha crecente actividade turística, polo que é precisa a ampliación de servizos básicos, como o abastecemento e o saneamento.

22 de maio de 2019 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.