publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ethel Vázquez informa ao alcalde da Laracha dos avances no proxecto de mellora da seguridade viaria das interseccións da estrada AC-523 cos núcleos da parroquia de Soandres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA LarachaLocal Portada
A-
A+
Ethel Vázquez na reunión co alcalde da Laracha

Ethel Vázquez na reunión co alcalde da Laracha

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informoulle hoxe ao alcalde da Laracha, José Manuel López, dos avances na redacción do proxecto para mellorar a seguridade viaria das interseccións da estrada AC-532 cos núcleos de poboación da parroquia de Soandres

A conselleira explicoulle ao rexedor que o departamento de Infraestruturas xa está a traballar para conseguir a mellor solución técnica para reformar as intersección desta vía autonómica coa estrada provincial que comunica coa canteira e que vai ata A Laracha e, por outra, mellorar o cruce que da acceso aos núcleos de Vista Alegre, Vilar da Fraga e Mantiñán.

Os técnicos da Xunta están a realizar traballos previos topográficos sobre o terreo para definir as actuacións concretas a levar a cabo, e que teñen como obxectivo minimizar os problemas de seguridade viaria acaecidos ata o momento e mellorar as comunicacións desta estrada nestes dous cruces.

En canto a definición do proxecto se están a formular as posibles alternativas que, nun principio, pasarían por executar na intersección da AC-523 coa estrada da Deputación provincial dous ramais de entrada e de saída coa vía autonómica. E, no cruce de Vista Alegre, que agora mesmo conta con pouca visibilidade e non permite xiros de vehículos pesados, unha mellora da intersección para corrixir estas situacións.

No encontro de traballo mantido hoxe na sede da delegación territorial da Xunta na Coruña, Ethel Vázquez e o rexedor municipal tamén falaron doutro proxecto, para continuar ao longo de 200 metros á senda xa executada na AC-552, entre A Laracha e O Cancelo.

7 de maio de 2019 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.