publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta traslada á Cámara de Comercio da Coruña a súa colaboración na posta en marcha dunha oficina de promoción industrial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo unha reunión con directivos da Cámara de Comercio da Coruña, encabezados polo seu presidente, Antonio Couceiro, para avaliar diferentes proxectos que a entidade cameral quere poñer en marcha co obxectivo de potenciar o sector industrial desta cidade e da súa área de influencia.

Así, o conselleiro trasladou aos representantes da Cámara coruñesa a súa disposición a colaborar na iniciativa da oficina de Promoción Industrial, un ente para o desenvolvemento de accións de atracción e promoción de investimentos, sobre todo no eido da Industria 4.0, servindo, deste xeito, como complemento ás políticas que se están desenvolvendo en Galicia en favor da fábrica intelixente e a mellora da competitividade do tecido empresarial.

Neste sentido, a Xunta aposta pola colaboración público-privada e pola suma de esforzos para que as novas tecnoloxías e a innovación que caracterizan o novo modelo produtivo cheguen a todo o tecido empresarial galego. Para conseguilo, Conde explicou que é necesario contar con instrumentos que asuman un rol facilitador e simplifiquen os trámites necesarios aos posibles investidores e lembrou o esforzo que se está realizando da man da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a través da Lei de implantación empresarial e a figura dos Concellos Emprendedores.

22 de maio de 2019 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.