publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta executa as obras de mellora de conservación da ponte sobre o río Miño, en Ombreiro, no Concello de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoLugo
A-
A+

A Xunta comeza hoxe as obras de mellora de conservación da ponte sobre o río Miño, na estrada LU-234, en Ombreiro, no Concello de Lugo. Para acometer estes traballos será necesario realizar un corte total da estrada e establecer un desvío alternativo.

O obxectivo desta actuación é a reparación dalgunha das pilas da ponte, recolocando ou substituíndo algúns elementos que se desprenderon lixeiramente no inverno. A pesar de que estes desprendementos non supoñen problemas dende o punto de vista estrutural, cómpre arranxalos para optimizar a conservación da ponte.

Os traballos, cun prazo de execución duns catro días, levaranse a cabo en horario laboral, desde as 9.30 horas ata as 20 horas, interrompéndose entre as 14 e as 15.30 horas para permitir o paso do transporte escolar.

Os puntos de desvío establécense no cruce coa estrada N-VI e coa LU-232, a través das vías que pasan por Bocamaos, Porto Meilán e Ferreiros. Ademais, colocaranse sinais en todos os cruces coas pistas existentes.

20 de maio de 2019 | 16:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.