publicidade hoxe

A Xunta elabora unha guía de coeducación no seo do Consello Galego das Mulleres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu hoxe o pleno do Consello Galego das Mulleres, que se reuniu para abordar os avances realizados na comisión de Coeducación, que elaborou unha guía sobre a materia.

Esta guía nace co obxectivo de implementala nos centros educativos e dala a coñecer á sociedade en xeral a través de campañas de difusión e xornadas de sensibilización. Caracterízase por ter un carácter práctico e contar con exemplos concretos.

Na reunión, tamén se avaliou o traballo da comisión que se encarga do seguimento do VII Plan estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades de mulleres e homes 2017-2020 e do I Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2020.

O Consello Galego das Mulleres está constituído por representantes da Xunta, asociacións de mulleres, organizacións empresariais e sindicais, e pola Federación Galega de Municipios de Provincias (Fegamp).

A composición das vogalías representantes das asociacións e federacións de mulleres renovouse hoxe mesmo, logo de que pasaran máis de 4 anos desde a constitución do organismo e tal e como establece o decreto que o regula.

As novas 15 asociacións que entraron a formar parte do Consello son: Asociación Punto Delas- Secretarías da Mulleres; Asociación Nacional de Mulleres da Pesca; Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar); Asociación Labregas; Asociación para a Promoción e a Integración das Mulleres Galegas do Rural; Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña; Asociación de Mulleres Rurais Os Hórreos; Asociación de Mulleres Rurais a A Xuntanza de Castro de Rei; Asociación de Mulleres Rurais de Carballedo e afíns; Asociación Mulleres en Igualdade de Burela; Asociación de Mulleres Ledicia; Asociación de Mulleres Rurais Anduriña do Reino; Rede de mulleres contra os malos tratos de Vigo; Asociación de Mulleres Terras de Camba e Asociación de Mulleres Rurais e Culturais de Santa Mariña.

8 de maio de 2019 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.