publicidade hoxe

Un total de 1.154 universitarios que participan no programa Erasmus+ recibirán as axudas complementarias de Educación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar no Portal Educativo -e no DOG nos próximos días- a resolución da convocatoria de axudas complementarias para o alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG), que durante o actual curso 2018/19 participa no Programa Comunitario de Mobilidade Erasmus+. En total, concedéronse 1.154 axudas, para o que a Consellería destina este ano unha contía de 1.751.000 euros.

Do total das axudas concedidas, 454 son para estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 275 para os da Universidade da Coruña (UDC) e 438 para os da Universidade de Vigo (UVigo). Dos beneficiarios, 488 son homes e 666 mulleres.

En canto á contía total que recibirán, 106 bolseiros contarán con entre 500 e 950 euros, 352 entre 950 e 1400 euros, 411 recibirán entre 1400 e 1850 euros e 285 contarán con entre 1850 e 2255 euros. Ademais, 606 alumnos recibirán 500 euros adicionais por nota de expediente.

No referido á distribución por países, 249 cursan o Erasmus en Polonia, 216 en Italia, 124 en Portugal, 86 en Romanía, 63 en Alemaña, 59 en República Checa, 54 en Reino Unido, 33 en Bélxica, 24 en Eslovenia, 24 en Hungría, 22 en Irlanda, 22 en Eslovaquia, 21 en Finlandia, 16 en Austria, 15 en Noruega, 15 en Turquía, 14 en Grecia, 11 en Lituania, 9 en Croacia, 8 en Holanda, 5 en Bulgaria, 5 en Suecia, 4 en Letonia, 3 en Chipre, 3 en Dinamarca, e 2 en Estonia.

Contías mensuais

A duración das axudas e a súa contía mantense invariable, despois do incremento do curso pasado, cando o mínimo ao mes pasou de 105 aos 125 euros, a axuda intermedia de 145 a 165 e a máxima se elevou de 175 a 195 euros, en función dos países de destino. A convocatoria galega contempla axudas para estancias de ata nove meses, o que complementa as axudas europeas, que se limitan a sete meses de duración.

8 de abril de 2019 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.