publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As obras da estrada de conexión co polígono de San Cibrao das Viñas obrigan a cortar unha calzada da autovía A-52 no enlace de Gargantós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSan Cibrao das Viñas
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a comezar a execución dunha nova fase de construción da estrada de conexión co Polígono de San Cibrao das Viñas que obriga a cortar o tráfico nunha das calzadas da Autovía das Rías Baixas, a A-52.

En canto mellore a meteoroloxía está previsto cortar a calzada dereita en sentido Benavente da A-52 na contorna do enlace de Gargantós, onde a nova vía conectará mediante unha glorieta coa Autovía das Rías Baixas e coa autovía Ourense-Celanova.

Os traballos de construción deste novo enlace prolongarán a afección ao tráfico ata o 31 de xullo. Ata entón, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade realizará a sinalización necesaria e adoptará todas as medidas precisas para garantir a seguridade dos condutores e minimizar as molestias.

A execución dun novo enlace en Gargantós forma parte do proxecto de construción dunha vía de novo trazado de conexión entre a Autovía das Rías Baixas e o Polígono de San Cibrao das Viñas.

As obras foron adxudicadas por un importe de case 16 millóns de euros e están cofinanciadas con fondos europeos do programa operativo Feder 14-20.

No seguinte plano poder verse o detalle da actuación prevista, na primeira fase que comeza hoxe de afección ao tráfico pola construción do enlace.

24 de abril de 2019 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.