publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Lete Lasa destaca a planificación como unha ferramenta imprescindible para actuar no máximo beneficio dos cidadáns e cidadás

Intervención de Lete Lasa nas xornadas

Intervención de Lete Lasa nas xornadas

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou as terceiras xornadas de Xestión Deportiva para pequenos e medianos municipios de AGAXEDE ‘Por unha planificación da xestión deportiva municipal’ que teñen lugar na Escola Galega de Administración Pública.

Alí, o responsable do Deporte galego salientou a importancia da planificación “para calquera administración, e atreveríame a dicir que en maior medida para as pequenas administracións”.“É fundamental ter claramente definidos os plans e as estratexias a desenvolver en cada exercicio para poder actuar no máximo beneficio dos cidadáns e cidadás” que neste caso é “mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas a través dos seus hábitos activos e saudables”.

Na introdución que o secretario xeral fixo das xornadas destacou a planificación como un piar “imprescindible que, hoxe en día, mellórase coa transformación dixital das organizacións deportivas”. “Desde a Secretaría Xeral para o Deporte coadxuvamos á mellora da xestión deportiva municipal mediante a formación en técnicas e métodos de dirección e xestión”, engadiu.

Neste sentido salientou os obxectivos das xornadas centrados na “análise do Plan Estratéxico como ferramenta para mellorar a xestión dos servizos deportivos locais” e o “coñecemento de cal debe ser o contido fundamental dun programa electoral en materia deportiva municipal”.

20 de marzo de 2019 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.