publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Patrimonio valora positivamente a proposta para eliminar as pintadas no León Colosal dos xardíns do Pasatempo en Betanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O Consello Territorial de Patrimonio de Galicia deu o visto bo a varios proxectos e actuacións na provincia nos concellos A Coruña, Betanzos, Moeche, Noia, A Pobra do Caramiñal, Pontedeume, Rianxo, Santiago e Val do Dubra.

O Consello valorou positivamente o proxecto de urbanización da rúa Damas na Cidade Vella da Coruña pero cunha serie de condicionantes arqueolóxicos que se terán que respectar no transcurso da obra. Ademais, deuse o visto bo para a rehabilitación do inmoble da Tesorería Xeral da Seguridade Social. Pola contra, rexeitouse a proposta de mantemento, conservación e restauración de pavimentos na rúa Pórtico de San Andrés por entender que a retirada das lastras e a súa substitución por formigón non respectaba os condicionantes patrimoniais do entorno.

Na vila de Betanzos tamén se autorizou a proposta para eliminar as pintadas no León Colosal dos xardíns do Pasatempo.

Ademais, en Moeche se valorou positivamente parte das obras de aforro na rede municipal de abastecemento de auga e na rede de saneamento. Tamén na comarca de Ferrol en Pontedeume deuse o visto bo a actuación para a conservación do Castelo de Andrade. No Barbanza, concretamente en Noia valorouse positivamente a retirada da simboloxía franquista nas fontes e lavadoiros da Ponte Nafonso e na ensenada da Barquiña e na Pobra do Caramiñal aprobouse o ante proxecto de conservación e restauración das fachadas da Torre Bermúdez.

Finalmente na comarca de Santiago de Compostela deuse o visto bo na cidade á restauración e traslado do cruceiro de San Silvestre, en Val do Dubra á sinalización vertical nas parroquias de Arabexo, Buxán, Erviñou, Noveiro, Portomeiro, Portomouro, Rial, San Román e Vilariño e en Padrón deuse autorización á pavimentación e humanización da praza Rodríguez Cobián.

21 de febreiro de 2019 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.