publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta mobilizou no 2018 máis de 7,8 millóns de euros de investimento nos concellos de Arzúa e Santiso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArzúaLocal PortadaSantiso
A-
A+

O delegado territorial da Xunta, destacou hoxe en Arzúa o compromiso da Xunta de Galicia cos concellos de Arzúa e Santiso nos que investiu máis de 7,8M€ a través dos distintos programas, axudas e actuacións que se executaron no ano 2018. Concretamente, no concello de Arzúa investíronse 6,1M€ e no de Santiso 1,6M€.

O representante do goberno autonómico destacou que todos os municipios son prioritarios e por iso a Xunta está presente tanto a través do apoio directo aos concellos, como a través da mellora das infraestruturas públicas como apoiando á iniciativa privada.

Ovidio Rodeiro realizou estas declaracións durante a visita a obra da rede de camiños de Vilantime-Visantoña que afecta aos concellos de Arzúa e Santiso nos que a Consellería de Medio Rural investiu no 2018 máis de un 1M€ na rede de camiños principais. Esta realizase sobre unha superficie de 806 hectáreas e 4.065 parcelas e afecta a 459 propietarios. Esta parcelaria terá un custe total de 1,3 M€.

O delegado territorial lembrou que nestes dous concellos se están executando en total 4 reestruturacións parcelarias nas que se investiron nos últimos anos máis de 6,1 millóns, concretamente nas reestruturacións de Vilantime e Dombodán-Branza en Arzúa e en Novela-Liñares-Pezobres e Serantes-Niñodaaguia en Santiso. Estas 4 parcelarias afectan a 2.078 propietarios e se están executando sobre 13.150 hectáreas.

Ovidio Rodeiro tamén apuntou que a través do goberno autonómico a maior parte do esforzo inversor realizouno a Consellería de Medio Rural cun investimento total en Santiso e Arzúa de 6,2M€, 1,1M€ e 4M€ respectivamente. Nesta senso, destacou “o peso que tiveron, en ambos municipios, as axudas da PAC cun investimento de máis de 3,6M€ entre os dous concellos”.

Igualmente resaltou o apoio ás políticas sociais coas achegas de axuda a domicilio de máis de 404.000 euros. Con este apoio se atenderon en Arzúa 28 usuarios cunha achega de 183.000 euros e en Santiso a 45 usuarios con 221.000 euros.

Outra das partidas importantes que recibiron estes municipios son os Fondos de Cooperación Local que superan entre ambos concellos os 454.000 euros repartidos entre 313.700 euros para Arzúa e 141.000 euros para Santiso. Este fondos se transfiren directamente aos gobernos locais para que fagan un uso non finalista e para que sexan xestionados e tramitados por eles mesmos.

Por último, fixo referencia ao apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en especial para plans de formación e axudas ao sector primario concretamente no concello de Arzúa, xa que a Xunta investiu case 500.000 euros en accións para o fomento do emprego neste municipio.

18 de febreiro de 2019 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.