publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta comunica a aprobación das bases da reestruturación parcelaria de Cercio, no Concello de Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal Portada
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se comunica a aprobación das bases da reestruturación parcelaria da zona de Cercio, no concello pontevedrés de Lalín. Deste xeito, ponse en coñecemento dos interesados este paso que implica que xa están rematados os trámites relativos á identificación dos propietarios, á determinación exacta da superficie e á clasificación das terras.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal ou da publicación substitutiva.

Este paso pode darse xa grazas á Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia (Metaga) que reduce os trámites das reestruturacións parcelarias, neste caso, o das bases provisionais, pasando directamente á aprobación de bases.

Este proceso de reorganización territorial afecta a case 500 hectáreas que están distribuídas en máis de 3.000 parcelas, propiedade de 253 veciños. Grazas a esta reestruturación do territorio, tratarase de diminuír o número de leiras por propietario para que estas teñan unha dimensión maior.

19 de febreiro de 2019 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.