publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta agarda rematar as obras de reforma estrutural da Ponte da Barca en Pontevedra nun prazo de dúas semanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedra
A-
A+

Os técnicos da Consellería de Infraestrutura e Mobilidade realizaron hoxe una visita cos medios de comunicación para comprobar o avance dos traballos da reforma estrutural da Ponte da Barca en Pontevedra.

Na visita estiveron presentes responsables da Xefatura Territorial de Infraestruturas e Mobilidade, da Axencia de Infraestruturas de Pontevedra así como da empresa que executa os traballos.

O director de obra, Enrique Pardo, explicou que durante estes meses executouse unha reparación moi localizada da ponte, actuándose nos puntos de oxidación, realizándose un repintado completo da infraestrutura con pintura especial, de anticloruros e anticarbonatación “que axudan a protexer o formigón en ambientes mariños como éste e dá a ponte unha maior durabilidade”.

Segundo apuntou o director de obra, “non podemos deixar de facer notar a importancia do custo das estadas, e a instalación da nova madeira da marquesiña de maior durabilidade”.

As beirarrúas non aparecían no proxecto como reparación estrutural pero sí foron reparadas e melloradas.

En canto aos prazos, dende a Consellería insístese en que, dependendo da evolución do tempo, os traballos poderían estar rematados en dúas semanas. O peche da circulación neste carril entre as 9.30 horas da mañá, ao pasar a hora punta de tráfico, e as 20 horas continuará ata que rematen os traballos da zona superior, “o último será a retirada das estadas, que será complexa. Sen embargo, esta labor, aínda que lavará tempo, no afectará ao tráfico superior”, rematou Pardo.

Cómpre lembrar que os obxectivos deste proxecto, no que a Xunta inviste 1,2 millóns de euros, son mellorar o estado de conservación da infraestrutura e prolongar a súa vida útil, así como acometer unha renovación integral da marquesiña de madeira deteriorada, incluíndo unha cuberta de aluminio e unha nova iluminación.

26 de febreiro de 2019 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.