publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta investiu nas obras da rede de camiños da concentración parcelaria de Barbeito en Vilasantar máis de 1,9 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaVilasantar
A-
A+
Ovidio Rodeiro na visita a Vilasantar

Ovidio Rodeiro na visita a Vilasantar

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado do alcalde de Vilasantar, Fernando Pérez Fernández, comprobou esta mañá o resultado das obras da rede de camiños principais da concentración parcelaria da parroquia de Barbeito.

A nova rede de camiños, nos que a Consellería do Medio Rural investiu 1,9 millóns, realizáronse nunha superficie total da zona da actuación de 1.000 hectáreas e afectou a 1.771 parcelas pertencentes a 407 propietarios.

Dos 1,9 millóns destináronse 369.000 a asistencias técnicas e 1,5 millóns á rede de camiños principais, secundarios e acondicionamento de fincas.

A este investimento hai que sumarlle outros 1,5 millóns de euros executados para a concentración parcelaria na parroquia de San Vicenzo de Curtis, no mesmo concello.

Durante esta visita, o delegado territorial da Xunta na Coruña insistiu en que o desenvolvemento deste tipo de procesos de concentración parcelaria son “fundamentais para o despegue socio-económico do campo galego”, xa que “permiten a redistribución das explotacións agrarias, facéndoas máis rendibles e abaratando os custos de produción”.

Ovidio Rodeiro destacou a importancia económica que supón a concentración parcelaria. De feito, o delegado territorial insistiu en que “o obxectivo último do grande investimento que a Xunta de Galicia está a realizar nesta zona radica en sacar rendibilidade aos terreos a través de novas explotacións que eviten o abandono da terra e a racionalización da produción”.

Ovidio Rodeiro informou de que, unha vez finalizados este os procesos en marcha, a porcentaxe das propiedades concentradas no concello de Vilasantar será do 62% do territorio. Así, está xa rematada a concentración nas zonas de Armental e Mezonzo, sumando un total de 1.586 hectáreas. Ademais está tamén rematada a de San Vicenzo de Curtis, 1.112 hectáreas, e agora únese a de Barbeito, 1.000 hectáreas. Do total da superficie deste concello, 5.922 hectáreas, están concentradas 3.698 hectáreas.

10 de xaneiro de 2019 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.