publicidade hoxe

Remata a operación Concha co resultado de oito persoas detidas e 2.000 vieiras incautadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerdaSucesos
A-
A+

A Policía Autonómica en colaboración con Gardacostas dan por rematada a operación Concha co resultado de 8 persoas detidas e 44 persoas investigadas por delitos contra a saúde pública e organización criminal.

No marco da operación foron comisadas 2.000 vieiras, 2 vehículos utilizados para o transporte da vieira, distintos mecanismos de pesca submarina e 4 teléfonos móbiles. A vieira incautada foi posteriormente analizada, e o seu resultado demostrou que tiña cantidades de toxina as cales cuadriplicaban a taxa legalmente establecida.

Membros do Grupo ERPOL da Policía Autonómica de Santiago en colaboración coa Subdirección Xeral de Gardacostas desenvolven este dispositivo de Investigación, que detecta a un grupo de persoas que furtivamente e carecendo de titulación ou permiso para mariscar se dedicaban a extraer grandes cantidades de vieiras na Ría de Ferrol e costa adxacente, utilizando para iso equipos autónomos de mergullo. Tal cantidade de capturas era posible porque a ría de Ferrol se encontraba “pechada” para a práctica da extracción de vieira, e iso provocaba que existiran cantidades inxentes de produto .

Posteriormente púidose determinar que estas persoas utilizaban vehículos particulares, sen respectar ningunha medida hixiénico-sanitaria, para proceder a transportar a vieira ata os “Distribuidores” afincados en distintas localidades das Rías Baixas, onde eles á súa vez vendían o produto a distintos establecementos públicos e a particulares.

Froito dos dispositivos de Investigación realizados, púidose comprobar tamén que existía unha frecuencia de transporte de vieira dende Ferrol moi alta aos puntos de destino anteriormente citados, chegando a detectarse 2-3 transportes por semana.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado número 3 de Ferrol.

15 de outubro de 2018 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.