publicidade hoxe

Finalizadas as obras da nova pasarela peonil sobre o río Sar para cruzar entre O Bordel e o Campo da Barca en Padrón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPadrón
A-
A+

As obras da nova pasarela peonil sobre o río Sar, que permite o cruce na zona entre O Bordel e O Campo da Cabana no Concello de Padrón veñen de rematarse; polo que os veciños dispoñen nunha terceira opción para cruzar neste punto.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, visitou esta mañá os traballos executados e que o departamento que dirixe licitou por un importe de 120.000 euros; que- tal e como indicou- teñen por obxectivo mellorar a vida dos veciños; sobre todo porque esta nova pasarela peonil completará as xa existentes augas abaixo no Paseo do Espolón e na contorna do Campo da Feira, explicou a conselleira.

A solución plantexada consistiu na construción dunha estrutura dun só oco de 30 metros e de 2,5 metros de ancho de taboleiro; polo que a pasarela está pensada para a circulación de bicicletas e peóns.

Mato Otero tamén salientou o carácter integrador desta obra coa contorna pois para a súa execución empregouse a madeira, co fin de integrar a actuación e alixeirar a súa percepción visual. Engadiu que este tipo de colaboracións tamén teñen por obxectivo poñer en valor os espazos naturais nos que se intervén, para coidar e fortalecer a paisaxe na que se integran.

17 de setembro de 2018 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.