publicidade hoxe

López Abella destaca o papel das mulleres na música ao longo da historia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou o papel das mulleres na música ao longo da historia que se enfrontaron á sociedade das súas épocas para poder desenvolver o seu talento musical.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu a xornada “O papel da muller na música” con motivo da celebración do 170 aniversario de Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, organizado pola Asociación de Amigos da Banda de Música Municipal de Santiago que rende homenaxe a todas as mulleres que contribuiron a mellorar a condición da muller na música.

Segundo indicou a titular de Igualdade, o papel feminino na música foi fundamental e, do mesmo xeito que a música evolucionou, a muller foise desenvolvendo dentro desta arte rompendo importantes fendas marcadas polas diferenzas de xénero e que, pouco a pouco, puidéronse romper e así agora se atopan representadas en tódolos xéneros musicais deixando unha profunda pegada na historia da música.

15 de maio de 2018 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.