publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As obras da Edar da Laracha encaran a súa recta final para dar servizo a unha poboación de máis de 7.500 habitantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA LarachaLocal Portada
A-
A+
Ovidio Rodeiro na visita ás obras

Ovidio Rodeiro na visita ás obras

Tras máis de nove meses de obras, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio encara a recta final da construción da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Laracha, un proxecto onde a Xunta de Galicia está a investir preto de 1,5 millóns de euros.

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro e o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, visitaron hoxe esta actuación que permitirá dobrar as capacidades actuais da planta de tratamento de augas, xa que pasará de poder tratar un caudal punta de 125 m3/hora a 247 m3 e que permitirá, unha vez rematen os traballo, dar servizo a unha poboación de máis de 7.500 habitantes.

Ovidio Rodeiro manifestou que “o abastecemento e o saneamento das augas incide directamente na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas, tanto dende a perspectiva da oferta de servizos básicos como no coidado medioambiental do territorio, por iso para un concello é de vital importancia poder ofrecer á poboación un sistema de xestión integral do ciclo da auga, como vai poder facer A Laracha unha vez rematen estas obras”.

O proxecto contempla a remodelación do pretratamento cunha nova liña, onde se engadirá un novo reactor anaeróbico e se mellorará o funcionamento dos reactores biolóxicos. Ademais, executarase un novo decantador secundario que deixará espazo por se nun futuro pode se preciso construír un terceiro tanque. As obras tamén renovarán a liña de lodos.

Todas estas actuacións, xunto coa incorporación dun tratamento de desinfección mediante ultravioleta, permitirá que as augas depuradas cumpran cuns requisitos de calidade máis estritos que os actuais. A intervención completarase cun novo sistema de control e telexestión, así como un sistema de alarma para o seguimento de todas as variables do proceso.

2 de maio de 2018 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.