publicidade hoxe

O XXI Máster de Futbolín de Rábade xa conta cuns 500 inscritos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLugoRábade
A-
A+

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Rábade, Francisco Xosé Fernández Montes, e o Concelleiro de Deportes, Alejandro Martínez Campos, presentaron este mércores o XXI Máster Nacional de Futbolín de Rábade, que terá lugar o xoves, venres e sábado. No acto tamén participou o Presidente da Asociación de Futbolín Bola Meiga, José Manuel Candal Barreiro. O organismo provincial colabora con esta asociación e co Concello de Rábade achegando 1.500 euros para facer posible a organización deste evento xa consolidado.

Rivera Capón subliñou que “o Máster de Futbolín de Rábade é unha cita que ano a ano logra atraer a un maior número de persoas, entre participantes e veciños da comarca que se achegan a presenciar un espectáculo único na provincia. Así, xa hai inscritos 500 xogadores de todas as comunidades autónomas españolas e, polo tanto, non me cabe dúbida de que esta vixésimo primeira edición será un novo éxito”.

Pola súa parte, Martínez Campos agradeceu “o compromiso e a colaboración do organismo provincial con esta cita” e lembrou que “como en anteriores edicións, haberá cinco modalidades de xogo e tres niveis, onde se repartirán 10.000 euros en becas deportivas. Ademais, haberá premios para todas as modalidades e camisetas de recordo para os participantes”.

Programación do Máster Nacional de Futbolín

A programación do XXI Gran Master Nacional de Futbolín é a seguinte:

Xoves, 29 de abril:

– 16:30 horas: Comezo do máster (Modalidade infantil 2000-2017)

– 17:00 horas: Sorteo de parellas cegas

– 18:00 horas: Modalidade ‘Combinada parellas cegas’

Venres, 30 de abril:

– 12:00 horas: Modalidade ‘En parado’

– 17: horas: Modalidade ‘Feminina’

Sábado, 31 de abril:

– 11:00 horas: Modalidade ‘En movemento’

– 21:00 horas: Finais

– 23:00 horas: Entrega de premios e clausura

28 de marzo de 2018 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.