publicidade hoxe

O Sergas convoca o concurso-oposición para o ingreso en 633 prazas de cinco categorías da súa oferta pública de emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición de hoxe as resolucións do 1 de marzo de 2018 da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) polas que se convocan os concursos-oposición para o ingreso nas categorías de celador, enxeñeiro técnico, grupo auxiliar da función pública, grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa. En total ofértanse 633 novas prazas, das que 390 corresponden á categoría de celador; 7 á de enxeñeiro técnico, 209 á de grupo auxiliar da función pública, 9 corresponden á categoría de grupo técnico da función administrativa e 18 prazas á de grupo de xestión da función administrativa. Os aspirantes poderán participar neste proceso selectivo ben polo sistema de acceso libre ou ben polo de promoción interna.

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de procesos/OPE). As solicitudes, logo de ser formalizadas electronicamente e asinadas, deberán dirixirse a unha das unidades de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Sergas, ou a través de calquera dos procedementos do recollidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para presentar as solicitudes é dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

13 de marzo de 2018 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.