publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta sortea 23 vivendas de promoción pública en Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Vila de Cruces

A Xunta, a través da Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra, efectuou hoxe os sorteos ante notario dun total de 23 vivendas de promoción pública emprazadas nos concellos de Vilagarcía, Sanxenxo e Vila de Cruces.

O Goberno galego realizou o sorteo de catro vivendas en Vilagarcía de Arousa, tres das cales están emprazadas na promoción de aloxamentos protexidos destinados a menores de 35 anos e maiores de 65 anos.

No caso de Sanxenxo, sorteouse unha vivenda, mentres en Vila de Cruces non foi necesario proceder ao sorteo, xa que existían máis vivendas dispoñibles, 18, que demandantes para as mesmas, 9.

Dos sorteos correspondentes ás vivendas de Vilagarcía e Sanxenxo, elaborarase unha lista de adxudicatarios provisionais e de reservas, de maneira que se algún dos adxudicatarios renuncia á vivenda, corre a lista e adxudícase á persoa situada no primeiro posto das reservas.

En Vila de Cruces elaborarase unha lista de adxudicatarios provisionais composta por todos os demandantes destes inmobles.

22 de marzo de 2018 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.