publicidade hoxe

A Policía Autonómica realiza 176 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaSucesos
A-
A+

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 26 de febreiro e o 4 de marzo un total de 176 inspeccións de control en 17 concellos galegos.

Por parte dos distintos grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo e Pontevedra, nesta pasada semana realizáronse 54 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos de A Coruña, Ames, Baiona, Betanzos, Cambados, Carballo, Lugo, Marín, Moaña, Oroso, Poio, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tomiño, Vedra, Verín e Vigo.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 58 persoas e inspeccionadas 176 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 11 actas de infracción,das cales 1 foron por venda de alcol, 8 por consumo alcol e 2 por infracción tabaco.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

5 de marzo de 2018 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.