publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Turismo de Galicia e Medio Ambiente colaboraron na execución dunha senda peonil no río Tambre ao seu paso por O Pino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Pino
A-
A+
Ovidio Rodeiro na visita ao Concello do Pino

Ovidio Rodeiro na visita ao Concello do Pino

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe no Concello de O Pino a nova senda peonil na marxe dereita do río Tambre para comprobar o resultado das obras de mellora que se realizaron neste contorno natural cunha axuda de 44.376,21 euros de Turismo de Galicia e de 19.998,14 euros da Consellería de Medio Ambiente.

Con esta actuación, o Concello do Pino creou un paseo de máis de 14 quilómetros que enlaza a praia fluvial da Tarroeira coa parroquia de Lardeiros. As actuacións consistiron, fundamentalmente, na limpeza da senda a través da roza e retirada da materia vexetal, respectando a vexetación de ribeira, así como a creación de varias pasarelas de madeira para salvar os pequenos afluentes do Tambre.

Ovidio Rodeiro recordou que os concellos teñen aberto ata o 19 de febreiro o prazo para solicitar axudas para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, que contan cun orzamento total de 2,5 millóns de euros. Estas subvencións está orientadas ao fomento e posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística no medio rural. O delegado destacou que en 2017 un total de 18 concellos ou agrupacións de municipios da provincia recibiron axudas por valor de 530.000 euros.

Ademais desta subvencións a concellos, o delegado territorial tamén recordou que Turismo de Galicia ten tamén aberto o prazo que entidades privadas soliciten axudas para actuacións de mellora das infraestruturas dos aloxamentos turísticos.

CEIP Camiño de Santiago

Ademais, o delegado territorial tamén visitou as instalacións do CEIP Camiño de Santiago, onde anunciou que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procederá nas vindeiras semanas a reparar a cuberta do centro para solucionar os problemas de filtración de auga que se dan na área destinada a tecnoloxía. Estas obras terán un orzamento de arredor de 30.000 euros.

15 de febreiro de 2018 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.